miércoles, 6 de junio de 2012

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA CELEBROU O SÁBADO 2 DE XUÑO EN FERROL A SÚA FESTA COA PARTICIPACIÓN DE JOSÉ LUIS CENTELLA

A última edición celebrárase en 1986 tamén en Ferrol.

coloquio 40 ANOS DAS FOLGAS DE 1972
O Partido Comunista de Galicia celebrou a súa Festa este sábado 2 de xuño en Ferrol, no Paseo Marítimo de Caranza, na rúa Cartagena. Unha Festa que estivo enmarcada nun contexto de crise económica, de recortes sociais e de involución democrática que para o PCG requiren dunha mobilización constante dos e das comunistas galegos con dous obxectivos fundamentais: non perder as conquistas sociais e políticas das que os comunistas foron protagonistas no século pasado e avanzar cara a consecución dunha sociedade alternativa ao sistema capitalista, no socialismo do século XXI.

Por primeira vez en vinteseis anos o Partido Comunista de Galicia recuperou a tradición da Festa dos e das comunistas galegas, unha xornada de lecer e compromiso coa que o PCG ven a sumarse ás numerosas que o PCE celebra en todo o estado e que culminan na Festa do PCE en setembro en San Fernando de Henares. Este ano a festa céntrouse no pasado e futuro do sindicalismo de clase, no marco dos 40 anos das Folgas de 1972 e na celebración do 90 aniversario da fundación do PCE.

No transcurso da Festa do PCG desenvolveronse coloquios, concertos, gastronomía, e exposicións, entre outros, ademáis do mitin central.


coloquio O FUTURO DO SINDICALISMO
En canto aos coloquios, o primeiro deles baixo o título de “40 anos das folgas de 1972" contou coa participación de Rafael Pillado, ex-secretario xeral do PCG e dirixente obreiro no 72 ferrolano; Waldino Varela, fundador das CCOO en Vulcano e dirixente obreiro do 72 vigués e Sari Alabau, ex-concelleira do PCG e EU en Ferrol e represaliada no 72.

O seguinte coloquio analizou o “O futuro do sindicalismo de clase” e contou coa participación de Víctor Ledo, das CCOO de Ferrol José Luis Pedrosa, Secretario Comarcal de CCOO en Pontevedra, e Rubén Pérez, secretario de organización do PCG en Galicia e coordinador de
EU en Vigo.

O terceiro coloquio analizou “Os retos da esquerda alternativa” e nel participaron José Luis Centella, Secretario Xeral do PCE, deputado e responsable federal de Política Institucional de IU; Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e membro da Executiva federal de IU e Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG e membro da Presidencia federal de IU.

Durante o percurso da Festa estivo exposta a exposición "MERCEDES NÚÑEZ TARGA, O VALOR DA MEMORIA", unha exposición sobre a vida da histórica militante comunista, fundadora do PCG, secretaria de Pablo Neruda, represaliada polo franquismo, combatente nas filas da Resistencia francesa e presa nos campos de concentración nazis.


O mitin político foi o acto político central no que participaron José Luis Centella, Carlos Portomeñe e Carlos Álvarez, Secretario Xeral das Xuventudes Comunistas Galegas.


A partir das 22:00 horas desenvolveronse  os concertos a cargo das bandas El viejo caracol, M&M’S BAND e La Sentina.







lunes, 4 de junio de 2012

SORTEO BONOS AXUDA FESTA DO PCG

Estos son os BONOS premiados da FESTA DO PCG 2012:

FIN DE SEMÁN PARA DÚAS PERSOAS
Nº 0659

LOTE DE LIBROS DE NUESTRA BANDERA
Nº 0219




Os premiados podedes contactar coa organización da FESTA en:

organizacion@pcgalicia.org
ou
info@pcgalicia.org

Nóraboa

A FESTA EN FOTOS

Montaxe da carpa do escenario central


Rolda de Prensa Presentación da Festa,Javier Galán, do PCG de Ferrol; Carlos Portomeñe, Secretario Xeral do PCG e Rubén Pérez, Secretario de Organización do PCG
Mesa redonda: 40 anos das Folgas de 1972
Waldino Varela intervindo na mesa sobre o futuro do sindicalismo de clase (foto cortesía de EU Ponteareas)
Mesa sobre sindicalismo: Javier Pedrosa (sec da UC de Pontevedra de CCOO), Rubén Pérez e Victor Ledo (responsable da sección sindical de ACCIONA en Ferrol)


Carlos Portomeñe e Jose Luis Centella no mitin de Peche da FESTA (foto cortesía de EU Ponteareas)

Mitin de peche (foto cortesia de EU Ponteareas)